O Concello de Oroso celebrará este venres a II Gala da Cultura

Gala Cultura 2015

O Concello de Oroso segue a considerar oportuna a creación dun recoñecemento ao mérito en distintas actividades culturais para galardoar deste xeito a quen destaque especialmente en cada unha delas. Por este motivo, este venres, 10 de abril, celebrarase a segunda edición da Gala da cultura, na cal se concederán as seguintes categorías de premios: 

  1. Recoñecemento Especial á Traxectoria no eido da cultura.
  2. Recoñecemento Especial á Promesa 2014, que despunte nalgunha categoría ou disciplina artística.
  3. Recoñecemento Especial á Asociación /Entidade 2014, que potencia a cultura no concello de Oroso.
  4. Recoñecemento Especial á Empresa polo seu apoio á cultura.

Os premios non terán dotación económica ningunha. O galardoado recibirá unha placa e un diploma e os nomeados un diploma como recoñecemento ao seu labor cultural.

Para a elección das persoas ou entidades que serán recoñecidas, houbo un prazo dun mes aberto á cidadanía para a proposta de candidaturas. Puideron presentar candidaturas as institucións públicas ou privadas, persoas físicas, fundacións ou asociacións, colexios profesionais, academias e personalidades de distintos ámbitos, que posteriormente foron avaliadas polo xurado. Para seleccionar a candidatura premiada, foi valorada a entrega do candidato á súa actividade, así como os beneficios derivados dela para a sociedade e a súa repercusión dentro e fóra do concello.

A II Gala da Cultura do Concello de Oroso terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, a partir das 20:00 horas.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s