Mañá arrinca o VI Concurso de Tapas do Concello de Oroso

detapaentapa2015

Non esquezas que mañá, sábado 11 de abril,  arrinca o VI Concurso de Tapas de Oroso, De tapa en tapa. Esta fin de semana e a seguinte todos cantos se acheguen a un dos dezaseis locais participantes poderán degustar totalmente de balde coas súas consumicións unha tapa, tradicional ou creativa. As degustacións terán lugar en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas. 

Durante estes días, os clientes recibirán nos establecementos hostaleiros participantes un boletín de votación, que inclúe unha relación das distintas tapas que presentarán a concurso en cada un dos locais e que deberá encher coas súas tapas favoritas. Para que o seu voto sexa válido e poda participar no sorteo, deberá contar con 6 selos que demostren que probou as tapas de, cando menos, 6 establecementos distintos (dos cales, cando menos 1 deberá ser de locais non emprazados en Sigüeiro).

Premios para os clientes

Cada establecemento disporá dunha urna selada na que os clientes poderán depositar os seus votos. Os premios aos que optarán os clientes serán: unha tableta, un xamón e dúas entradas para Termaria Casa da Auga (A Coruña). Os establecementos competirán por un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro de 100 euros.

Os 16 establecementos participantes son: Mesón Tambre, Nova Xeira, Bar Tapas, O café de Manuela, Tapería O’Martán, Adega o Ribeiro, Bodegón Cebrás, Mesón A Trabe, Sigü Café, Café bar Xardín, Bar Sigüeiro, De María e Café bar Restaurante Mirás (todos eles en Sigüeiro) e Bar Stop (Oroso), Restaurante Liñares (Estación Oroso) e O Noso Mesón (Deixebre).

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s