Mañá finaliza o prazo para anotarse á III Carreira Pedestre Concello de Oroso

150425 Carreira pedestre

Os afeccionados e afeccionadas ao running tedes unha cita este sábado, día 25 de abril, na terceira edición da Carreira Pedestre Concello de Oroso. En horario de tarde, contará con 14 categorías, coa finalidade de que poidan participar persoas de toas as idades. Lembrade que mañá, día 22, é o último día para formalizar a inscrición. 

No cartel da competición tes toda a información sobre as categorías e as distancias fixadas para cada carreira. O concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, espera continuar co crecemento espectacular que tivo esta proba nas súas dúas primeiras edicións. “Se nas dúas primeiras carreiras chegamos a 700 e 900 atletas, o obxectivo para este ano é continuar este crecemento e mesmo superar o milleiro de participantes”, apunta Rey Villaverde. Para conseguilo, o Concello de Oroso contará ao seu favor coa colaboración dos distintos centros educativos do municipio e o propio atractivo da proba.

Nesta carreira pedestre poderán participar todas as persoas que o desexen. As inscricións pódense formalizar ata as 22:00 horas de mañá, mércores 22 de abril, nas páxinas web http://www.carreirasgalegas.com ou http://www.fgatletismo.es/santiago. As inscricións nas categorías escolares (de pitufo a xuvenil, é dicir, nacidos en 1998 e posteriores) son totalmente gratuítas, mentres que na proba absoluta a cota de inscrición é de 5 euros. Non se admitirán anotacións fóra do prazo indicado nin o propio día da carreira.

Esta proba está organizada polo Concello de Oroso e o control correrá a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, delegación de Santiago de Compostela. Na páxina web do Concello de Oroso tes todos os detalles e os planos dos percorridos.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s