Manolo Mirás convídate ao acto de mañá no que presentará á cidadanía a súa candidatura

150421-presentacion-publica-candidatura

O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Oroso, Manolo Mirás, presentará publicamente mañá, 30 de abril, a candidatura coa que se presenta ás Eleccións Municipais. O acto, aberto a toda a cidadanía, celebrarase ás oito e media da tarde no pavillón polideportivo, e contará coa intervención do Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. 

Unha lista que “conxuga experiencia e renovación”, así resume Mirás o equipo co que se presenta aos comicios do 24 de maio. Na listaxe hai candidatos e candidatas de nova incorporación, e destaca tamén a ampla representación de xente nova, con tres persoas de menos de 30 anos.

Neste acto organizado polos Socialistas de Oroso terás a oportunidade de coñecer persoalmente a todas as persoas integrantes do equipo de Manolo Mirás, dado que tras unhas sucintas intervencións compartiremos un ágape, durante o cal os membros da candidatura terán a oportunidade de saudar e intercambiar opinións cos veciños e veciñas que esteades presentes.

Esta entrada fue publicada en Socialistas de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s