Oroso agárdate esta fin de semana na XIX edición da Festa da Troita

150508 Festa da Troita

Non fagas plans para a fin de semana sen ter en conta que a partir de mañá, venres día 8 de maio, Oroso acolle a XIX edición da Festa da Troita. Cunha ampla programación que engloba un campionato de pesca, actividades culturais e animación nas rúas, esta Festa de Interese Turístico estará amenizada polas noites polas orquestras París de Noia, Panorama e Combo Dominicano, entre outras. 

De feito, o programa deste ano inclúe máis música ca nunca. O Festival Oroso en vivo traeranos todas as noites as mellores orquestas de Galicia. Ás xa mencionadas sumaranse Esencia, Fania, e Bahía Blanca. Ademais das tradicionais charangas, este ano haberá máis pasacalles, grazas aos acordos de colaboración asinados coas distintas entidades culturais de Oroso: Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Néboas do Cumio e Amigos do Acordeón.

Outra novidade será a recuperación dunha antiga actividade: o Arte na Rúa. Se o tempo nos acompaña, un grupo de artistas locais e portugueses amosarán a todos os visitantes como é o proceso de creación dunha obra de arte. Un xeito ameno e educativo de sacar a arte dos salóns de exposicións.

Canda elas estarán actividades xa consolidadas, como o campionato de pesca, a feira da Artesanía e os Oficios, o obradoiro de bailes, que este ano incluirá un concerto de rap con Versos&Dramas, a concentración de coches clásicos, os xogos tradicionais de Garabato de Xogos ou os obradoiros e actividades de circo para os máis pequenos. E todo sen esquecer á protagonista da nosa festa, que será degustada tanto na alameda de Góis como nos distintos establecementos hostaleiros colaboradores. Porque Troita coma a de Sigüeiro, non a hai no mundo enteiro.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s