Non te perdas mañá á presentación da nova revista ‘Memoria de Oroso’

150618 Revista Memoria de Oroso

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acollerá mañá, xoves 18 de xuño, a presentación da nova revista municipal Memoria de Oroso. Esta publicación nace da man do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso, e concretamente en virtude do traballo de recompilación e investigación desenvolvido polo responsable deste departamento, Manolo Pazos.

Este primeiro número achega aos lectores 170 fotografías antigas do concello, grazas ás achegas dos veciños e veciñas que cederon as súas fotografías e documentos antigos para a súa dixitalización e publicación. A estrutura de Memoria de Oroso estará dividida en seis apartados. Os cinco primeiros incluirán sempre temas de interese histórico, onde se mesturarán o texto coas ilustracións na busca dun fin pedagóxico e divulgativo. O sexto tema será unha selección das imaxes achegadas polos veciños e veciñas ao Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso.

A presentación desta publicación, na que intervirán o alcalde, Manuel Mirás, e Manolo Pazos, terá lugar mañá ás oito e media da tarde. Tes máis información sobre esta publicación na páxina web do Concello de Oroso.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s