Gran Foliada do Concello de Oroso mañá pola tarde no Parque Fluvial do Carboeiro

150704 Foliada

O Parque Fluvial do Carboeiro acollerá mañá o III Festival Folclórico organizado polo Concello de Oroso que, baixo o nome de Gran Foliada, conta cada ano con máis actuacións e tamén con maior número de público. Todo prevé que a climatoloxía acompañará de novo este evento, que dará inicio á unha do mediodía coa actuación de Lembranzas do Tambre.

Ás tres da tarde haberá un xantar popular a base de churrasco e económicos prezos, aberto a todas as persoas e familias que queiran gozar dun menú campestre en boa compaña.

A partir das seis e media da tarde retomaranse as actuacións, protagonizadas polas agrupacións Buxos Verdes, Néboas no Cumio, Lembranzas do Tambre, Pandereteiras de Marantes, Rancho Folclórico Sachadeiras de Várzea, e Amigos do Acordeón.

Ten en conta que tras estas actuacións haberá para cear de novo churrascada e máis foliada “ata que o corpo aguante”, segundo informa o Concello de Oroso no cartel do evento, que ilustra esta información. Ven cos teus achegados a participar na Gran Foliada!

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s