Aberto o prazo para anotarse na excursión ao Aquapark de Cerceda e para actividade “Visita ao planeta móbil” da Semana Cultural

multipista1-2

A partir de hoxe está aberto o prazo de inscrición para dúas actividades da Semana Cultural do Concello de Oroso: a excursión ao Aquapark de Cerceda e a actividade Visita ao planeta móbil. As persoas interesadas deben acudir ao Centro Cultural, ou ben chamar ao teléfono 981 690 903. 

A excursión ao Aquapark, que terá lugar o luns 24 de agosto, é o primeiro dos eventos programados para a Semana Cultural de 2015. Tratarase dunha “semana” dedicada á cultura ben longa, dado que en realidade as actividades planificadas finalizarán aínda o día 4 de setembro.

Os rapaces e rapazas participantes nesta xornada acuática en Cerceda sairán ás 11:00 da mañá e regresarán sobre as 19:00 horas. A saída e chegada será diante do Centro Cultural. A actividade está dirixida aos nenos e nenas empadroados en Oroso e cunha idade mínima de 8 anos (nacidos no ano 2007 e anteriormente). As inscricións para a excursión poderán formalizarse ata o día 20 de agosto.

Os dous días seguintes, martes 25 e mércores 26 de agosto, está programada unha actividade sobre bioloxía no Centro Cultural, baixo o nome Visita ao Planeta Móbil. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Farán unha visita de 20 minutos, por turnos, centro dunha cúpula na que se proxectarán imaxes e proporcionará sensación de inmersión no que están vendo. Neste caso as inscricións poderán facerse ata o mesmo día da actividade.

Podes ver toda a programación da Semana Cultural do Concello de oroso pinchando aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso, Sin categoría y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s