Aberto o prazo para anotarse ao obradoiro de cómic da Semana Cultural

O quinto día da Semana Cultural do Concello de Oroso, o venres 28 de agosto, os rapaces de entre 6 e 10 anos terán a ocasión de participar nun obradoiro de elaboración de cómic en galego. Esta actividade, que terá lugar a partir das once e media da mañá, desenvolverase a cargo do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes. As inscricións poderán formalizarse desde hoxe e ata o día 26 de agosto, pois o obradoiro ten prazas limitadas. 

Esta é só unha das múltiples actividades que engloba, un ano máis, a Semana Cultural do Concello de Oroso. De feito a semana cultural vai moito máis alá dunha semana natural, dado que comezará o luns 24, cunha excursión ao Aquapark de Cerceda, e finalizará o día 4 de setembro. Cómpre sinalar que hai xornadas con múltiples actividades programadas ao longo do día, por iso é importante que comprobes a relación de eventos, para que tomes nota das actividades que poidan ser do teu interese ou dos teus achegados. Aquí tes toda a información. Comparte!

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso, Sin categoría y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s