A partir do luns: xogos, artes escénicas, música e actividades divulgativas na Semana Cultural Oroso 2015

140824 Semana Cultural

A Semana Cultural Oroso 2015 dará comezo o vindeiro luns, 24 de agosto, cunha excursión ao Aquapark de Cerceda. Esta escapada para os rapaces de a partir de 8 anos dá apertura a unha ampla programación que se prolongará ata o día 4 de setembro, e que inclúe variados espectáculos, actuacións musicais e tamén actividades divulgativas pensadas para a participación de nenos e nenas e tamén dos adultos. 

O martes 25 e o mércores 26 haberá a actividade Planeta Móbil, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Require de inscrición previa no centro cultural, ata o mesmo día da actividade. Os participantes entrarán por quendas nunha cúpula na que se proxectarán imaxes que proporcionan ao espectador unha sensación envolvente.

Pero estes dous días haberá tamén a partir das sete e media da tarde actuacións no exterior da piscina municipal. O martes, espectáculo cómico de circo e maxia, e o mércores monicreques.

O xoves 27 haberá tanto pola mañá como pola tarde inchables na piscina municipal, e ás sete e cuarto da tarde festa da escuma. Ambas actividades están dirixidas a nenos e nenas de a partir de 4 anos. Cómpre destacar que nesta xornada a entrada na piscina será de balde.

O venres 28 pola mañá o Centro Cultural acollerá un obradoiro de elaboración de cómic en galego. Esta actividade, desenvolvida polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes, é para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e require de inscrición previa.

Ese mesmo día, a partir das cinco da tarde haberá xogos populares no exterior da piscina. Tamén haberá un obradoiro de chapas e de traballos manuais en 3D. A partir das sete e media haberá unha actuación de monicreques no mesmo emprazamento. Ás dez da noite o Grupo Alborada tocará na Praza Isaac Díaz Pardo, e unha hora despois a Orquestra Pacífico no Paseo do Carboeiro, posteriormente sucedida polos Amigos do Acordeón.

Este será o contido da semana que vén, pero a Semana Cultural Oroso 2015 proseguirá a semana seguinte, con outras tantas actividades lúdicas, culturais e artísticas. Para ver toda a programación e horarios específicos pincha aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s