Bioloxía, circo e maxia, variada axenda da Semana Cultural para mañá martes

Pista catro

A Semana Cultural Oroso 2015 trae mañá unha axenda moi variada, que dará cabida a actividades tan diferentes como  a divulgación sobre bioloxía e o espectáculo de circo e maxia. 

A partir das doce do mediodía os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán participar na actividade Planeta Móbil, que consiste nunha visita duns 20 minutos a unha cúpula na que se proxectarán imaxes relacionadas coa bioloxía, e que darán ao espectador unha sensación de inmersión na escena proxectada.

Esta actividade require de inscrición previa, e esta poderá facerse ata mañá mesmo no Centro Cultural. Cómpre destacar que Planeta Móbil terá continuidade tamén o mércores día 26, día aberto tamén para facer a inscrición.

Pero o martes 25 pola tarde aínda haberá más Semana Cultural, cun espectáculo a cargo da compañía Pistacatro. Baixo o título Les artuans sorprenderán a nenos e maiores cunha divertida posta en escena na que se combinarán o espectáculo circense e os trucos de maxia. Esta actuación terá lugar no exterior da piscina municipal a partir das sete e media da tarde.

Consulta toda a programación da Semana Cultural Oroso 2015 aquí.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s