A actividade ‘Planeta móbil’, monicreques e cine, mañá mércores, na Semana Cultural

edc32f_ec31114f4a9e9cc26d62ee9c02c35648.jpg_srz_383_273_85_22_0.50_1.20_0

A Semana Cultural Oroso 2015 prosegue mañá, mércores 26 de agosto, coa actividade sobre bioloxía Planeta móbil, e con máis espectáculo, neste caso a cargo da compañía Fantoches Baj. 

A partir das doce do mediodía os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán participar na actividade Planeta Móbil, que consiste nunha visita duns 20 minutos a unha cúpula na que se proxectarán imaxes relacionadas coa bioloxía, e que darán ao espectador unha sensación de inmersión na escena proxectada. Esta actividade require de inscrición previa, e esta poderá facerse ata mañá mesmo no Centro Cultural.

Ás sete e media da tarde, no exterior da piscina municipal, a compañía Fantoches Baj presentará o seu espectáculo de monicreques Rei, Rei?. Esta actuación no caso de chuvia terá lugar no Centro Cultural.

Cómpre destacar que á programación da Semana Cultural mañá engádese tamén unha sesión de cine para toda a familia, que terá lugar tamén no exterior da piscina salvo que chova (nese caso sería no Centro Cultural). Pequenos e maiores poderán divertirse alí co filme Gru 2. Mi villano favorito.

Podes ver o resto da programación da Semana Cultural pinchando aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s