Xogos populares, obradoiros, monicreques e actuacións musicais no primeiro venres da Semana Cultural

big_23943_2_DUENDE-SICO-Y-DUENDE-PIRULETA

O primeiro venres da Semana Cultural Oroso 2015 incluirá actividades para todas as idades e para todos os gustos: desde un obradoiro de cómic ata variadas actuacións musicais ata ben entrada a noite. 

O obradoiro de cómic, impartido polo equipo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes, terá lugar a partir das 11:30 horas da mañá. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos e require de inscrición previa no Centro Cultural.

De cinco a sete da tarde haberá xogos populares e obradoiro de chapas. Ás sete e media poderemos rir co espectáculo de monicreques As tolas aventuras de Alicia no País das Marabillas, a cargo da compañía Duende Sico. Estas actividades serán no exterior da piscina municipal ou no Centro Cultural, en virtude do tempo que faga.

Ás dez da noite o Grupo Alborada actuará na Praza Isaac Díaz Pardo, para dar paso ás once a outras actuacións musicais no Paseo do Carboeiro, protagonizadas pola Orquestra Pacífico e a agrupación Amigos do Acordeón.

Coñece aquí toda a programación da Semana Cultural Oroso 2015.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s