A Semana Cultural despide agosto con xogo e maxia, e mañá martes prosegue con astronomía e teatro

mundo mandarina

A Semana Cultural Oroso 2015 despide hoxe o mes de agosto cunha programación de novo centrada nos máis pequenos da familia: xogo libre durante a mañá, desde as once ata a unha, no Centro Cultural: xogo con kapla, espazo de lectura, espazo de cociñas, casa dos monicreques, creación de arquitecturas e xogos para nenos/as máis pequeniños dende o gateo. 

Ás sete e media da tarde teremos outra sesión de artes escénicas tamén para  diversión de toda a familia. Nesta ocasión a protagonista será a maxia cómica, da man da compañía Mundo Mandarina (na imaxe que ilustra esta información), co espectáculo Laboratorio Máxico.

Pero mañá prosegue esta extensa Semana Cultural orosá, que retoma a actividade divulgativa cun curso de iniciación á astronomía dirixido a nenos e nenas de a partir de 10 anos e tamén para adultos. Precisa inscrición previa no Centro Cultural. Haberá unha segunda edición deste curso o mércores día 2.

E mañá pola tarde, teatro familiar coa compañía Gazafelhos, que representará a obra As mil e unha noites. As representacións de pola tarde serán diante da piscina municipal ou no Centro Cultural, en función da climatoloxía.

Coñece as múltiples actividades que aínda quedan da Semana Cultural pinchando aquí.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s