Un concerto da Aula de Música pechará mañá a Semana Cultural Oroso 2015

4b9db6785c084d38a551046d57ad57e5

Un concerto do alumnado da Aula de Música de Oroso pechará mañá, vernes 4 de setembro, a programación da Semana Cultural Oroso 2015. Esta edición do programa cultural estival do Concello abrangueu máis de 25 sesións de actividades de moi diversa índole, entre as que tivo cabida o teatro, a música, a divulgación científica, o fomento do uso do galego e tamén o deporte. De feito, aínda quedan actividades moi interesantes para a xornada de hoxe e a de mañá. 

Esta mesma tarde no exterior da piscina municipal haberá a partir das cinco O grande espectáculo das ilusións ópticas, a cargo do Mago Romarís. Esta actividade desenvolverase ata as nove da noite. E a partir das 10, no mesmo emprazamento, observación astronómica.

Mañá venres os nenos e nenas de 6 anos en diante poderán participar nunha xincana que terá lugar entre as 11:00 e as 13:00 horas (precísase inscrición previa no Centro Cultural). O broche final desta programación será posto polo alumnado da Aula de Música, que ofrecerá un concerto a partir das oito. Estas dúas actividades serán no exterior da piscina municipal, salvo que a climatoloxía o impida.

Esta entrada fue publicada en Concello de Oroso y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s