Breve biografía

Manolo Mirás

Nacín no ano 1956. No terreo laboral son titular dunha asesoría, e unha correduría de seguros na que nunca deixei de traballar a pesar da miña dedicación á política, pois son concelleiro en Oroso (A Coruña) dende o ano 1983. Tamén fun deputado provincial polo PSdeG entre 1988 e 1991 e nunha segunda ocasión entre 1999 e 2003. Entre 1987 e 1991 fun Primeiro Tenente de Alcalde en coalición. No período de 1991 a 1993, Alcalde en coalición cos independentes, mediante pacto reparto de mandato, e dende 1993 a 1995 Tenente de Alcalde.

Nas eleccións de 1995 non fun candidato, aínda que tomei parte da candidatura. En 1999 fun candidato a Alcaldía e Deputado Provincial.

En abril de 2002 accedín á Alcaldía mediante unha moción de censura, e sigo de Alcalde dende aquela. Dende 2013 tamén son titular da Secretaría do Traballo Autónomo da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG- PSOE.

Son afiliado do PSOE dende o ano 1982.

Anuncios