O meu proxecto

Como ben sabes, participo no proceso de primarias para a Secretaría Xeral do PSdeG Provincial, co desexo de poder contribuír á rexeneración e reforzo do partido na provincia.

Da miña experiencia na política municipal recollo a capacidade de esforzo da que sei que son capaces todas as agrupacións locais, para convertela na base dun proceso de superación que non será doado, pero si espero que ilusionante. Polo menos para min así o é, de feito xa o foi durante a precampaña.

Somos a única alternativa de esquerdas con presenza en todos os concellos da provincia. Temos que facelo valer. Estamos ante unha etapa difícil, na que unha gran parte da cidadanía está buscando noutras formacións as respostas que nós non lle soubemos transmitir. Pero teño o convencemento de que o PSdeG si ten moitas respostas de interese para os nosos cidadáns, sempre e cando sexamos capaces de dalas a coñecer e, por suposto, se o facemos desde a unidade.

A miña aposta fundamental se chego a ser Secretario Xeral é a comunicación. Primeiro comunicación entre nós, porque creo que temos que falar máis, para coñecernos mellor. Para debater, discutir o que faga falla, e despois saír da reunión da man, cunha mesma voz. De portas para fóra, simplemente debemos ser socialistas e ser identificados como socialistas. E esta comunicación ten que ser trasladada á cidadanía, en todos os eidos, en cada unha das localidades. Temos que ser capaces de explicarlle o que facemos, e do mesmo xeito temos que ser capaces de ser permeables ás súas demandas.

Para lograr isto, eu quero unha Secretaría Xeral que estea moi preto das agrupacións locais. Quero percorrer a provincia as veces que faga falla, e asegurarme de que os distintos cargos públicos e orgánicos do partido que proceda fagan o mesmo. Eu fago unha proposta de traballo intensa, pero factible, e co punto de mira inmediato nas eleccións municipais. A continuación enumero os puntos nos que quero traballar desde a Secretaría Xeral:

Mellora da comunicación no partido –  Traballo directo coas agrupacións locais. Plan de formación para os seus representantes, para que saiban transmitir a mensaxe socialista.

–  Asembleas comarcais con presenza de cargos orgánicos e públicos do partido e a militancia. Abertas a simpatizantes.

–  O Secretario Xeral, os cargos do partido e os liberados do partido teñen que estar 24 horas a disposición das agrupacións.

Reforzo das agrupacións locais e da comarca –  Análise da problemática das agrupacións en cada municipio.

–  Plan de traballo con cada unha das agrupacións para o seu reforzo a curto, medio e longo prazo.

–  Posta en marcha de censo de simpatizantes, de non habelo.

Formación –  Asesoramento sobre o propio partido (órganos, representantes, funcionamento).

–  Asesoramento xurídico.

–  Asesoramento urbanístico e sobre ordenación do territorio.

–  Formación para novos concelleiros e concelleiras sobre a administración municipal.

Unidade –  Constitución dun Consello Provincial de Alcaldes, para o establecemento dun criterio coherente en cuestións de interese común (por exemplo ordenación do territorio, canon do lixo, etc).

–  Constitución dunha Secretaría de Grandes Cidades, para abordar a problemática concreta dos municipios de máis de 40.000 habitantes.

–  Quero unha executiva con representación de persoas de consenso de todas as comarcas, así como unha comisión permanente de entre 5 e 7 persoas para a coordinación do traballo que temos que abordar.

Obxectivo –  O primeiro e único obxectivo a curto prazo é incrementar a nosa presenza nos concellos nas próximas eleccións municipais.

–  Debemos facer plans cribles e factibles que dean respostas reais ás demandas dos veciños e veciñas.

–  Temos que saír destas primarias para traballar con lealdade para o partido, sexa cal sexa a nova executiva. De portas para fóra, todos somos simplemente socialistas.

Onde hai vontade, hai posibilidade. Fagamos máis partido e teremos máis resultados.

Queres comentar algo?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s