Aberto o prazo para anotarse aos obradoiros reposteiros do Entroido

filloas

Os que teñades pequenos e pequenas masterchef na casa, lembrade que hoxe abre o prazo para anotalos aos dous obradoiros de postres do programa de Entroido do Concello de Oroso: o luns día 8 haberá un de elaboración de mini-tortas de fondant. Terá lugar en dúas sesións. A primeira, dirixida a nenos e nenas de 9 anos en diante, será de 10 a 11 e media da mañá. A segunda, entre 12 e unha e media, será para os nenos e nenas de 3 a 8 anos. O mércores, 10 de febreiro, haberá un obradoiro de filloas. Desenvolverase entre as 11 e as 12:30. Está dirixido a nenos e nenas de 6 anos en diante.

Ambas actividades teñen prazas limitadas, e precisan de inscrición previa no Centro Cultural, tendo preferencia as persoas empadroadas.

E falando de lambetadas, non esquezas que este mércores día 3 finaliza o prazo para participar no concurso de receitas En galego sabe mellor. Terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e mecanografadas (impresas en papel e cos datos persoais do autor). Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 4 de febreiro de 9 a 14:00 horas ou de 17:00 a 18:00 horas. O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas e para o/a finalista un libro de cociña. Este certame está dirixido a maiores de 16 anos.

Anuncios
Publicado en Concello de Oroso, Sin categoría | Etiquetado | Deja un comentario

Esta tarde, Festival de Nadal da Aula de Música

4b9db6785c084d38a551046d57ad57e5

Dentro do Programa de Nadal do Concello de Oroso, o Centro Cultural acolle esta tarde o Festival de Nadal da Aula de Música. Este xa tradicional evento musical achéganos ao traballo dos numerosos nenos e nenas alumnos da escola municipal de música. A partir das sete da tarde ofrecerannos un concerto no que darán conta da calidade da súa interpretación. Trátase dunha actuación entrañable para as familias, pero que sen dúbida sempre sorprende a todo o público asistente. Non faltes!

Publicado en Concello de Oroso, Sin categoría | Deja un comentario

O Nadal trae hoxe maxia ao Centro Cultural

405cf9_98d8f1bbcba140b5941cc3628ae6a0ad

O programa de Nadal do Concello de Oroso tráenos hoxe, 23 de decembro, ao Centro Cultural unha nova función do mago Martín Camiña, ao que xa tivemos ocasión de ver anteriormente no noso municipio, cun grande éxito entre o público asistente. A actuación terá lugar ás seis da tarde.

O poder máxico da pintura, ou como estar á moda co que xa teñamos pola casa son os algúns dos temas das moitas  aparicións de ilusións e humor  deste espectáculo. Con comicidade, fondo musical, participación dos espectadores, manipulacións de cartas, cordas, mentalismo, etc.,  e un fío conductor cargado de Momentos de Asombro

Martín Camiña, acompañado da tamén recoñecida ilusionista Fani Triana, leva presentado os seus espectáculos en numerosos concellos de Galicia e tamén en certames de maxia de España e do estranxeiro. Pero ler o seu currículo non dá conta da súa capacidade de crear asombro no directo. Non penses que se trata dun espectáculo só para nenos, xa que podes ter a seguridade de que os maiores quedamos tamén coa boca aberta.

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Deja un comentario

Teatro mañá en Oroso, con “Desencaixados”

O programa Outono Cultural do Concello de Oroso tráenos mañá venres a obra Desencaixados, da compañía O Aturuxo de Melpómene. O Centro Cultural acollerá ás nove da noite esta proposta escénica, que xa percorreu numerosos concellos da xeografía galega, e na que veremos un espectáculo traxicómico que reflexiona sobre a crise económica.

Na obra, que leva por subtítulo Esperpéntica crise, utilízanse materiais “pobres” como o cartón , o papel, o trapo… Di a compañía que “os recortes afectaron mesmo ao vestiario , tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade”.

Cómpre destacar que Desencaixados foi galardonada na III Edición do Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Guardo (Palencia), co Premio mellor Actriz de Reparto para Teresa Rúa. Esta actriz obtivo tamén o Premio Lugris Freire á mellor Actriz por esta obra na XI Mostra de Teatro afeccionado de Sada.

 

Publicado en Concello de Oroso, Sin categoría | Etiquetado , | Deja un comentario

Novo fin de semana cultural, con contacontos e monicreques

contadas novembro 2015-Eu querer quéroche ben

A cultura terá de novo esta fin de semana os seus espazos de protagonismo no tempo de lecer das familias orosás. Mañá sábado 14, nova contada do programa de animación á lectura do Concello de Oroso, que este mes leva por título Eu querer quéroche ben. Terá lugar a partir das once da mañá na Biblioteca Municipal.  ler máis

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario